A actividade non para no albergue das Sinas. Aquí, os rapaces participan estes días no campamento “O mar que imaxinas”, unha experiencia que combina ocio, deporte e coñecemento do medio.
Ata Vilanova de Arousa desprazouse o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para coñecer de primeira man as actividades e reivindicar a aposta do Goberno galego pola programación de verán para a mocidade.

