O Cidade de Ribeira segue dándolle forma ao seu equipo para unha tempada que está a piques de comezar. Ás últimas renovacións xa anunciadas únese a de Dani Otero, que continuará un ano máis defendendo as cores do club.
Pero a parte de renovacións tamén hai caras novas, aínda que algunhas ben coñecidas pola afección. Isma e Anxo dan o salto ao equipo sénior despois de formarse na casa e afrontan o seu primeiro ano nesta categoría.
E do mesmo xeito regresa Espi, un futbolista veterano e con experiencia que volve ao Cidade de Ribeira para achegar intensidade e carácter.
Na parcela ofensiva, o equipo incorpora a Diego, un extremo con experiencia, desborde e capacidade para marcar diferenzas no último terzo.
Outro regreso é o de Dani Lustres. O xogador de Ribeira volve á casa despois da súa etapa no Abanqueiro para achegar velocidade, verticalidade e gol.
E pecha, por agora, a rolda de anuncios Tomé, outro futbolista formado na base do Cidade de Ribeira que regresa ao club tras adquirir experiencia noutros equipos.
Unha renovación, cinco incorporacións e, sobre todo, moito produto da casa para un Cidade de Ribeira que continúa perfilando o seu proxecto deportivo.
O CIDADE DE RIBEIRA CONTINÚA A PECHAR O SEU EQUIPO PARA A NOVA TEMPADA


