O parque García Bayón foi este venres o punto de encontro da décima andaina solidaria “Os Camiños da Memoria”, organizada por Agadea Alzhéimer en Ribeira. A xente respondeu á chamada da entidade e máis de 300 persoas participaron nesta nova entrega dunha camiñada na que a veciñanza ribeirense e do Barbanza amosa o seu compromiso coas persoas con alzhéimer e as súas familias.
MÁIS DE 300 PERSOAS CAMIÑARON POLA MEMORIA EN RIBEIRA


