Icono del sitio CanalBarbanza.com

A VISIÓN DE MÓNICA ALONSO DA SÚA CASA TRADICIONAL XA PODE VERSE NO MUGART

O Museo do Gravado de Artes viviu este sábado unha nova inauguración. A sala 1 garda no seu interior as obras de Mónica Alonso, artista luguesa membro da Real Academia Galega de Belas Artes que expón diversos traballos na mostra titulada “Macropsia”. Está formada por un conxunto de 70 gravados e debuxos nos que retrata a súa casa tradicional rural galega, de planta cadrada e na que naceu e viviu a artista durante parte da súa infancia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil