Pilar Barreiro Senra correrá por primeira vez na carreira popular que leva o seu nome e que terá lugar o 21 de maio en Lousame

A atleta Pilar Barreiro Senra anunciou esta mañá que participará como corredora e co dorsal número 1 na III carreira popular “Pilar Barreiro Senra”, organizada polo Concello de Lousame e que terá lugar na mañá do domingo 21 de maio. Así o confirmou a loureada atleta lousamiana e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, esta mañá durante a presentación da proba. Un acto no que estiveron acompañados pola concelleira de Deportes, María Regenjo; Ezequiel Mosquera, representante de EME Sports; os atletas locais Fernando Pérez “Dete” e Marcos Mayo; así como polo coordinador da proba e técnico de Deportes, Néstor Romero. Ezequiel Mosquera, apuntou o boom de carreiras populares”que se dan nestas datas. Sen embargo, salientou que a de Lousame “é unha proba de aldea pero ben feita.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.