Con esta actuación, as empresas das superficies empresariais da Tomada, no termo municipal da Pobra, e de Rianxo poderán contratar servizos de internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80%, sen límite de descargas.
Ademais, R pon a disposición das empresas destes polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube, a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción na man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (I o T) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.
Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.
https://www.youtube.com/watch?v=JJOZmfswizw