Icono del sitio CanalBarbanza.com

A TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA REUNIU A CENTOS DE NADADORES

A praia de Carragueiros foi o punto de encontro para os participantes nunha nova edición da Travesía a Nado Illa da Bensa, incluída no circuito galego de augas abertas.
Un reto de 3.500 metros no que Hugo Ribeiro, da Sociedade Filarmónica Gualdim Pais de Portugal, foi o máis rápido na categoría masculina. Completaron o podio Xoel Cubeiro, do Natación Liceo, e Iván Díaz, de Portamiña.
Na categoría feminina, a vitoria foi para Alba Ortiz, do club Ponteareas. Tras ela cruzaron a meta Alba Castro, do Club Natación Galaico, e Blanca Alonso, do Club Natación Ciudad de Oviedo.
E houbo tamén protagonismo local. O Club Natación Boiro, organizador da proba, celebrou o triunfo de Manuel Pérez na categoría máster 1. Unha vitoria que lle permitiu rematar décimo terceiro na clasificación xeral.
Na distancia curta, de 1.000 metros, os vencedores foron Marco González e Carolina Cadavid, ambos do Pabellón Ourense. Entre os máis novos, o nadador do Club Natación Boiro Jesús Alejandro de Andrade acadou a segunda posición na categoría alevín masculina.
Unha xornada deportiva que contou coa colaboración do Concello de Boiro, Jealsa e un amplo equipo de voluntarios.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil