Icono del sitio CanalBarbanza.com

CHEGA O MOMENTO DA VERDADE NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chegan os playoffs da Liga Galega de Traiñeiras nun ano clave de transición. Co descenso directo xa consumado para Cesantes e Castropol, A Cabana Ferrol e CR Narón terán que xogarse a permanencia na elite fronte ao empuxe de CR Rianxo e Salgado-Perillo, quen lograron as dúas únicas prazas desde a Liga B.
Quen quedou ás portas desta loita foi o Club de Remo de Puebla. A pesar de rematar na terceira posición da Liga B con 36 puntos e dúas bandeiras, os pobrenses valoran de xeito moi positivo a evolución e o rendemento do equipo durante este curso.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil