Última semana de preparación para o CD Boiro antes de que comece a competición. O equipo aproveita estes últimos días para completar a súa posta a punto física e seguir incorporando aos novos xogadores ao grupo.
Dende o club destacan estar satisfeitos coa evolución do equipo durante esta pretemporada. Un período no que os futbolistas tiveron que recuperar progresivamente o ritmo despois do parón estival.
O CD BOIRO ENCARA OS ÚLTIMOS DÍAS DE PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS


