Dende as 7 da tarde os os propietarios do polígono industrial de Xarás manteñen unha xuntanza na casa consistorial de Ribeira convocada polo Concello a instancias do presidente da Asociación de Empresarios de Riveira, Antonio Miranda, ante a necesidade de abordar distintos asuntos como a ordenación viaria, a seguridade ou a limpeza.
Un dos temas que se está a tratar e a eventual constitución dunha comunidade de propietarios no polígono de Xarás a modo de entidade de xestión que vele polo bo funcionamento da área afectada e fomente a colaboración público-privada cara a súa dinamización.