O Museo do Gravado de Artes abre as súas portas a unha nova exposición que se inaugura este sábado ás 12.30 horas coa que o centro segue a celebrar o seu 25 aniversario. A artista luguesa e membro da Real Academia Galega de Belas Artes, Mónica Alonso, amosará o seu traballo no Mugart, obras reunidas na mostra titulada “Macropsia”.
MÓNICA ALONSO EXPÓN NO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES A SÚA MOSTRA “MACROPSIA”


