O telón levantarase no novo Auditorio de Ribeira coa Mostra de Teatro 2026. A cita, moi agardada pola veciñanza, arrancará o vindeiro 25 de setembro e estenderase ata o 18 de decembro. Nesta ocasión representaranse nas táboas 13 obras e hai novidades o que reafirma que se trata dunha mostra consolidada no municipio e tamén a nivel comarcal.

