Icono del sitio CanalBarbanza.com

TARDE DE FÚTBOL, CONVIVENCIA E FESTA ESTE PASADO DOMINGO EN RIANXO

Tres equipos, tres partidos e unha nova oportunidade para seguir collendo ritmo nesta pretempada. O pasado domingo, 23 de agosto, tivo lugar no campo da Lomba o triangular amistoso entre o CD Unión, o SD Araño e o CCD Taragoña con motivo do XXII Trofeo Concello de Rianxo.
O primeiro encontro enfrontou ao SD Araño contra o CD Unión, que acabou coa vitoria saldada por parte dos segundo con un marcador de 0-2.
No segundo partido, o CCD Taragoña medíase ao SD Araño, que se impuxo por un a dous goles.
E no último encontro da tarde, o CD Unión confirmou o seu dominio ante o CCD Taragoña cun claro 1-4.
Con estes resultados, o CD Unión proclamouse campión do torneo. Segunda posición para a SD Araño e terceira para o CCD Taragoña.
Un novo test de pretempada para os tres equipos, que encaran xa a recta final da súa preparación antes do comezo da competición.

Salir de la versión móvil