Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña destina 700.000 euros á contratación de persoal de información turística nos concellos

A mellora da calidade dos servizos de atención turística, a profesionalización do sector e a contratación de persoal técnico son os obxectivos da liña de subvención destinada aos concellos da área de Turismo da Deputación da Coruña que vén de facer a concesión de 700.000 € para as 50 solicitudes presentadas.

A área de Turismo da Deputación da Coruña destina 700.000 euros para a contratación de persoal das oficinas de turismo nos concellos de menos de 50.000 habitantes. A resolución do programa, que se fixo pública no BOP deste martes día 2 de maio, contempla 50 concesións de axudas para concellos e agrupacións de concellos da provincia que verán reforzados os seus servizos de atención turística.

https://www.youtube.com/watch?v=dQMRz67-OHQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.