Un clásico de agosto nos terreos de xogo da comarca é o Trofeo Condesa de Fenosa e o Puebla organizou a súa LII edición que se disputou o venres na Alta. O conxunto adestrado por Chofri xogou na súa casa ante o Marín para facerse coa copa desta competición tan representativa do equipo pobrense. E houbo moita emoción.
O primeiro tramo do encontro estivo moi igualado, coas dúas escadras intentando tomar o mando e levar ao verde o seu plan de partido. Os pobrenses foron collendo confianza e pouco a pouco gañaron o dominio do balón, comezaron a crear perigo ata que o primeiro e único tanto da tarde subiu ao marcador.
O Marín, pese aos intentos, non puido igualar de novo o partido e o triunfo quedou na casa, ao igual que o Trofeo Condesa de Fenosa. O club destacou esta vitoria coa que honran a historia do Puebla, o seu trofeo e as súas raíces humildes.
A pretemporada do equipo adestrado por Chofri continúa con dous encontros máis no horizonte. Mañá xoves visitan a Trinidade onde se medirán ao Atlético Oleiros, duelo que arrancará ás 20.30 horas. E o sábado o Puebla pecha a ronda de amigables coa visita do Ribadumia á Alta, partido previsto para as 18.30 horas.
Ademais o club vén de anunciar os carnés para a nova campaña.

