O salón de actos do antigo auditorio de Ribeira acolleu esta mañá un acto especial no que o concello despediu aos sete nenos e nenas saharauís que pasaron o seu verán na localidade grazas ao programa “Vacacións en paz”, promovido por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Sogaps. A Administración ribeirense está vencellado dende o 1999 e este ano grazas a cinco familias acolledoras esta rapazada puido desfrutar dun tempo de ocio e asistencia médica.
OS SETE NENOS E NENAS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN EN RIBEIRA DESFRUTARÁN DAS SÚAS ÚLTIMAS XORNADAS NO MUNICIPIO


