Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BON III, O ORIÓN, O ALBATROS E O DRACCO CONQUISTARON O TROFEO PITUSA SABÍN

Fin de semana de vela na ría de Muros e Noia marcada polas condicións meteorolóxicas. O sábado iniciouse a Regata Mar de Finisterre XII Trofeo Pitusa Sabín, organizada polo Náutico de Portosín, e finalizou o domingo cunha xornada complicada polo vento. Impediu que se completara o percorrido agardado en cruceiro-regata e regata, polo que o domingo só se desfrutou dos Open ao ter a proba un trazado costeiro polo interior da ría de Muros e Noia.

Os barcos participantes completaron as 8,63 millas marcadas polo que os Open 1 e Open 2 tomaron o protagonismo. Co remate da proba coñecéronse aos vencedores nesta división. O Albatros fíxose co título do Open 1, mentres que o Lubeca rematou segundo e o Atlante terceiro. O Dracco levouse a categoría Open 2 por diante do Monte Ulía e o bronce foi para o Totem II. Barcos todos do náutico local.

O Comité de Regata intentou adaptar algunha das probas da ORC, pero o vento impediuno polo que prevaleceron os resultados da xornada do sábado. En Regata o gañador foi o Bon III do Náutico Punta Lagoa. Segundo rematou Mirfak, da Armada Española. E completou o podio o Sara 3.0 do Yates Bayona.

Por outra banda, a clase Cruceiro-Regata estivo dominada polo Orión, tamén de Baiona. A prata levouna o Ziralla, do Náutico de Sanxenxo, e o terceiro posto foi para o Deep Blue. A entrega de premios estivo presidida por Pitusa Sabín e Jacinto Hernéndez acompañados da directiva do Náutico de Portosín e o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, entre outras autoridades.

Salir de la versión móvil