O Mercado de Verán de Ribeira abriu as súas portas o venres e mantivo a actividade durante toda a fin de semana. Unha trintena de operadores participaron nesta primeira cita, na que os visitantes puideron coñecer e degustar produtos galegos amparados por diferentes distintivos de calidade.
A inauguración contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que puxo en valor o traballo dos produtores e a súa vinculación co territorio.
RIBEIRA ACOLLE UN MERCADO DE VERÁN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS


