Nas últimas semanas a gasolina acumula un encarecemento próximo ao 18%. Isto non só afecta a condutores particulares se non tamén aos transportistas, aos profesionais da estrada e a traballadores do sector agrícola e pesqueiro. Estes últimos están a pasar por un momento complicado no que non está a haber moito recurso no mar, como o caso do polbo para as artes menores ou do cerco en xeral. O encarecemento do combustible está a golpear noutra fronte aos mariñeiros e armadores.
O PREZO DO COMBUSTIBLE ESTÁ A AFECTAR AOS PESCADORES


