O vindeiro 27 de agosto será o día no que abra o prazo de solicitude das subvencións do Goberno galego para a compra ou promoción de vivenda por persoas de 35 anos ou menos. Será para facelo en concellos de menos de 10.000 habitantes e a contía máxima da axuda será do 20% do prezo da adquisición ou do custo da autopromoción. O sector inmobiliario afirma que se trata dunha medida necesaria xa que os mozos teñen complicado poder acceder a unha vivenda.
A XUNTA LANZARÁ O 27 DE AGOSTO AXUDAS DE VIVENDA PARA MENORES DE 35 ANOS EN CONCELLOS PEQUENOS


