Eran as duas da madrugada cando os veciños espertaron co ruído dos golpes de unha pedra de gran tamaño contra un dos cristais. Tras romper esta cristaleira un individuo coa cara cuberta entrou ó establecemento, en menos de medio minuto colleu os cartos que quedaran do cambio e saiu, a súa visita quedou rexistrada na cámara de seguridade. O botin, cen euros, o peor, os estragos que causou.
Os ladróns entraron a noite do mércores nun bar das Abesadas, en Ribeira, o Botavara.
Please login to join discussion