O Municipal Agustín Mourís prepárase para dous días de festa e fútbol sala. O IX Trofeo Portus Apostoli chega como unha das grandes citas de pretempada e servirá tamén para que o Noia Portus Apostoli se presente ante a súa afección.
O equipo de David Palmas afronta a súa segunda proba do verán despois das boas sensacións deixadas o pasado sábado ante o ADCR Caxinas. Agora, dous encontros de máxima esixencia para seguir medindo o nivel do equipo antes do comezo da competición oficial.
NOIA CONVÉRTESE ESTA FIN DE SEMANA NO EPICENTRO DO FÚTBOL SALA COA CELEBRACIÓN DO IX TROFEO PORTUS APOSTOLI


