O Concello de Lousame está a contar con numerosas iniciativas pensadas para o desfrute dos máis pequenos e a conciliación das familias. Dende o inicio do verán o municipio está a ser un fervedoiro de actividades e a concelleira de Cultura, Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, destacou a gran acollida que están a ter un ano máis.

