Por Decreto de Alcaldía de Ribeira de data 7 de novembro de 2016, resolveuse declarar abandonados varios vehículos que se atópanse na vía pública ou almacenados no depósito municipal, sito no polígono de Xarás.
O concello pon en coñecemento dos titulares de ditos vehículos a apertura de expedientes para a súa execución por causar risco na vía pública ou por non poder ser conservados na mencionada instalación sen sensible deterioro.
Os afectados poderán formula-la oportuna reclamación dentro do prazo de oito (8) días a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Os vehículos irán destinados a material non utilizable.
O sistema de adxudicación dos vehículos será o de poxa á plana, non admitíndose posturas inferiores ós 500 euros por tódolos vehículos; celebrarase no depósito municipal de Xarás ás dez (10:00) horas do decimoquinto (15º) día hábil, a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia .
A forma da poxa dos vehículos será nun único lote, e unicamente poderán licitar aquelas persoas que se atopen de alta no Imposto de Actividades Económicas, e estean autorizadas pola Xunta de Galicia como Xestores de Residuos de Vehículos ó final da súa vida útil ; o que deberán acreditar no acto da poxa.
Os adxudicatarios dispoñen dun prazo de 48 horas, seguintes á poxa, para satisfacer en efectivo o prezo do remate e para retira-los vehículos. Deberá procederse a comunica-la baixa dos vehículos alleados na poxa á Xefatura Provincial de Tráfico. No caso de que os vehículos se atopen embargados, depositarase o importe da poxa a disposición dos acredores.
https://www.youtube.com/watch?v=ZhzIZYh4aDE