Icono del sitio CanalBarbanza.com

PORTOSÍN HOMENAXEOU Á VIRXE DO CARME

As celebracións repártense pola comarca e un dos puntos neurálxicos desta fin de semana foi Portosín. O 14, 15 e 16 vivíronse as Festas do Carme de Portosín, xornadas cheas de propostas e actividades para todas as idades. O día grande foi onte, o domingo, coa homenaxe á patroa dos mariñeiros.

Ás 10.30 horas saíu a procesión dende a igrexa, rumbo ao peirao. No eixe central da actividade pesqueira desenvolveuse a misa na honra da Virxe do Carme á que asistiron o alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, membros do goberno e da corporación municipal e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez. Centenares de veciños, veciñas e visitantes, non se perderon esta cita marcada no calendario do municipio tamén pola tradición do mar que hai no concello.

Co remate da misa, entoouse a Salve Mariñeira, himno adicado á Virxe do Carme.

Salir de la versión móvil