O mexillón foi o rei indiscutible da fin de semana en Boiro. O Cabo de Cruz viviu unha nova edición da súa exaltación do mexillón que foi un éxito de comensais. Centenares de persoas pasaron o domingo pola carpa para degustar este produto tan recoñecido e que se puido probar en diferentes propostas: en empanada, ao vapor, transformado en sobremesa e acompañado de espuma de trufa.
CABO DA CRUZ EXALTOU O SEU MEXILLÓN EN DIFERENTES PROPOSTAS


