A Garda Civil, a través da Unidade Central Operativa, a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira continúan coa macrooperación conxunta que nas últimas xornadas deixou novos detidos. Son xa 26 as persoas investigadas e detidas despois de que un maxistrado da Audiencia Nacional decretara onte o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza no cárcere da Lama para tres novas persoas. Unha delas é o presunto líder da organización, encargado de coordinar a descarga de cocaína na praia da Arnela frustrada polas forzas da orde. Responde ás iniciais J. J. G. V. veciño da Pobra do Caramiñal afincado en Boiro, onde rexenta un bar.
MÁIS PERSOAS INGRESARON EN PRISIÓN POLA DESCARGA DE COCAÍNA EN MUXÍA


