Táboas deterioradas, elementos de madeira danados e unha infraestrutura que, segundo o BNG, precisa dunha actuación en profundidade.
A denuncia chega despois dun accidente ocorrido o pasado 7 de agosto. Unha persoa caeu ao ceder unha das táboas da rampla de acceso e tivo que ser atendida inicialmente polo servizo de socorrismo.
O BNG reclama agora unha inspección completa de toda a infraestrutura e a substitución dos elementos que estean deteriorados para garantir a seguridade e a accesibilidade.
O BNG DE RIBEIRA RECLAMA AO CONCELLO UNHA ACTUACIÓN URXENTE NA PASARELA E NOS ACCESOS DE MADEIRA DA PRAIA DA CORNA


