A praia de Coroso volverá converterse mañá nun escenario deportivo. A partir das 11:00h, preto de 130 nadadores participarán na trixésimo primeira edición da Travesía a Nado Praia de Coroso.
A competición, organizada polo Club de Natación de Ribeira coa colaboración do Concello, propón catro distancias: 2.500, 1.250, 400 e 150 metros, segundo a categoría dos participantes.
Unha cita xa consolidada no calendario deportivo de Ribeira e que, un ano máis, aproveita o verán e a relación da localidade co mar para combinar deporte e actividade ao aire libre.
O concelleiro de deportes, Álex Vidal, destacou precisamente a importancia de reforzar este vínculo coa costa a través de competicións acuáticas.
O prazo de inscrición xa está pechado, polo que todo está preparado para unha proba que alcanza xa as trinta e unha edicións e que forma parte do calendario deportivo do verán en Ribeira.
PRETO DE 130 NADADORES DARANSE CITA MAÑÁ NA PRAIA DE COROSO PARA PARTICIPAR NA TRIXÉSIMO PRIMEIRA EDICIÓN DA TRAVESÍA A NADO.


