Icono del sitio CanalBarbanza.com

PUEBLA E NOIA ARRANCARÁN A TEMPORADA NA PREFERENTE COMO VISITANTES

Xa queda menos para que o fútbol protagonice as fins de semana. A Preferente ten o seu calendario pechado e a competición arrancará en menos dun mes, concretamente o 6 de setembro o esférico estará rodando e a emoción do fútbol enchendo os estadios. Esta campaña hai dous equipos da comarca na Preferente, o Puebla, que repite un ano máis, e o Noia, que descendeu logo dunha complicada temporada na Terceira Federación.

Os dous conxuntos arrancarán a 26/27 fóra da casa. Os pobrenses debutan na casa do Betanzos mentres que os brancos farán o propio ante o Pol. Pero a estrea na casa non se fará esperar. A alta acollerá o duelo do Puebla na segunda xornada na que se medirá ao Pol. Mentres que o Julio Mato Matito abrirá as súas portas para o Noia-Sofán. Ambos duelos previstos para o 13 de setembro.

Irán desenvolvéndose as xornadas ata chegar ao esperado derbi. Os dous conxuntos da comarca veranse as caras na xornada 13 que se disputará o vindeiro 29 de novembro no Julio Mato Matito. E logo reeditarase na alta na trixésima fin de semana de liga que se xogará o 18 de abril.

Ademais de arrancar a campaña fóra da casa, Noia e Puebla tamén pecharán a súa participación como visitantes, os noieses medíndose ao Betanzos e o Puebla ao Chantada. Os dous terán un obxectivo claro: pechar a permanencia o antes posible.

Un ano máis o Dumbría disputará a Preferente despois de salvar a categoría nas últimas xornadas da anterior campaña. Os da Costa da Morte debutan no Conco ante o Dubra e xa na terceira xornada xogará ante o Noia.

Salir de la versión móvil