A trifulca produciuse entre os ocupantes de dous vehículos, por causas que aínda non trascenderon. Nun dos coches viaxaban un mozo de 23 anos e unha moza de 18, mentres que no outro había outro ocupante novo.
A situación acabou derivando nun enfrontamento que deixou importantes danos nun dos coches, que quedou sen cristais. As tres persoas implicadas precisaron asistencia sanitaria e foron trasladadas ao Hospital do Barbanza, aínda que as feridas serían, aparentemente, de carácter leve.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional e da Policía Local, ademais do GAEM de Ribeira e unha ambulancia do 061. Os servizos de emerxencias atenderon aos implicados mentres os axentes se facían cargo da situación.
Polo momento, non trascenderon as circunstancias quedaron orixe á discusión nin se coñece con exactitude como se produciu o enfrontamento.
UNHA TRIFULCA DE TRÁFICO EN AGUIÑO REMATOU ESTA MAÑÁ CON TRES PERSOAS TRASLADADAS AO HOSPITAL DO BARBANZA


