Os prezos do alugueiro, da compra e uns salarios que, segundo a sociedade, non medran ao mesmo ritmo. Son as principais razóns que explican por que independizarse resulta cada vez máis difícil. Só 3 de cada 10 mozos conseguen facelo sen a axuda económica da súa familia, unha realidade que, polo que se ve, non sorprende a moitos.
SÓ 3 DE CADA 10 MOZOS EN ESPAÑA CONSEGUEN INDEPENDIZARSE SEN DEPENDER ECONOMICAMENTE DA SÚA FAMILIA


