O Presidente galego afirmou que se financiará o 100% dos cursos para desempregados menores de 30 anos, impartidos nos 12 centros de emprego da Xunta e no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago .
O proxecto, que se vai desenvolver ata 2020, combinará dúas fases: formación e contratación.
Na fase de formación, á que se destinarán 20 millóns de euros, financiarase o 100% dos cursos para desempregados menores de 30 anos, impartidos nos 12 centros de emprego da Xunta e no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago, no que se desenvolverán os cursos de especialización para a Industria 4.0.
Na fase de contratación, e co obxectivo de que as empresas conten cos mozos galegos e que estes se sigan formando mentres traballan, a Xunta creará 10.000 bonos de formación e contratación dotados con 7.000 euros cada un.
Por outra banda Feijoo anunciou que o barrio ourensán da Ponte contará co primeiro ‘ecobarrio’, un proxecto á vangarda das enerxías renovables e que permitirá reducir o consumo de enerxía.
Feijóo nuncia unha achega de 90 millóns de euros para a formación e a contratación de 10.000 mozos e mozas menores de 30 anos.
Please login to join discussion