A prohibición británica mira especialmente ás novas xeracións. A norma impedirá que quen nacese despois do 1 de xaneiro de 2009 poida mercar tabaco legalmente.
Unha medida que tamén suscita dúbidas sobre a súa eficacia e sobre ata onde deben chegar as restricións ao consumo.
Na rúa, as opinións están divididas. Hai quen considera que prohibir non é a solución e aposta pola educación e pola capacidade de elección.
REINO UNIDO APROBA UNHA MEDIDA PIONEIRA CONTRA O TABACO: PROHIBIR A VENDA DE CIGARROS A QUEN NACESE A PARTIR DO ANO 2009


