Icono del sitio CanalBarbanza.com

O FESTIVAL ROCK IN RIAN, EN RIANXO, XA TEN DATAS E CARTEL PARA A SÚA PRÓXIMA EDICIÓN

O Rock in Rian medra, pero mantén a esencia coa que naceu: un festival feito en Rianxo e por xente de Rianxo. A principal novidade desta edición é o cambio de datas, que se celebrará os días 14 e 15 de agosto, cun cartel no que arredor do 90% da música será en galego.
Por Rianxo pasarán propostas novas, como o aclamado 9Louro, e formacións con longa traxectoria, como o caso De Ninghures. Haberá ademais un segundo escenario dedicado aos proxectos emerxentes, nunha clara aposta por dar espazo aos novos talentos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil