Icono del sitio CanalBarbanza.com

O REGATISTA RIBEIRENSE BRUNO IGLESIAS AFRONTA A PRÓXIMA SEMANA O MAIOR RETO DA SÚA CARREIRA DEPORTIVA

Bruno Iglesias disputará o campionato do mundo en Dinamarca despois dunha brillante tempada, na que se proclamou campión galego e campión de España. O regatista chega á cita internacional tras competir tamén no Europeo, onde conseguiu clasificarse para o grupo ouro.
Desde o Club Náutico Deportivo de Ribeira destacaron o orgullo que supón ver a un deportista formado na Escola de Vela Ramiro Carregal Rey competir entre a elite mundial. Tamén puxeron en valor o seu esforzo, a constancia e o apoio recibido tanto da escola como da súa familia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil