Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS TRAÍÑAS REGRESAN CON FORZA ESTA FIN DE SEMANA

A Liga Galega de Traiñeiras continua o seu camiño e esta fin de semana regresan todas as categorías á competición. A Liga A está fixada para o domingo e desenvolverase en Moaña. As ligas B e F rexistrarán unha nova proba despois de descansar unha fin de semana e retomarán a competición en Rianxo mañá sábado. Ademais as remeiras vivirán unha dobre xornada xa que tamén estarán o domingo en Moaña.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil