A empresa Congalsa realizou o pasado venres o seu xantar de verán no restaurante Chicolino ao que asistiron máis de 500 persoas. A compañía pobrense apostou por desenvolver este encontro para ter un espazo de convivencia dos traballadores fóra dos seus postos, e tivo unha gran resposta ao rexistrar unha elevada participación. Algo que vai en consonancia co crecemento que está a experimentar a firma.

