Os amantes do fútbol están de noraboa xa que con agosto dá comezo á serie de amigables de pretemporada dos equipos da comarca. Despois de reforzar os seus planteis, toca adestrar e is testeando sobre o campo como vai evolucionando o xogo e as propostas futbolísticas. Esta fin de semana o Noia gozou do seu primeiro amigable no Julio Mato Matito, onde se mediu ao Compostela Xuvenil.
O NOIA ESTREOU AMIGABLE MEDÍNDOSE AO COMPOS XUVENIL


