A nova temporada de fútbol está un pouco máis preto de iniciarse, pero o que dará xa comezo é a pretemporada para algún dos equipos da comarca. O CD Boiro despediu xullo coa presentación oficial do equipo que competirá por terceira temporada seguida na Terceira Federación, despois de arrancar os adestramentos a pasada semana. O municipal de Barraña abriu as súas portas para a posta de longo dos xogadores e equipo técnico que buscarán dar un paso máis na categoría.
O BOIRO BOTA A ANDAR CARA UNHA NOVA CAMPAÑA ILUSIONANTE


