Este luns desenvolveuse o pleno ordinario do concello de Ribeira e un dos puntos a tratar foi a aprobación do suplemento de crédito 1/2026 que ía destinado a diferentes fins. Unha partida de 104.144 euros ía destinada ao pago dunha sentenza do 2025 á Tesouraría da Seguridade Social pola condena xudicial en favor dunha traballadora mantida durante máis de 13 anos como “falsa autónoma” nos gobernos do PP. Así o afirmou o portavoz do BNG local, Luís Pérez Barral.
O BNG DE RIBEIRA DENUNCIA QUE A GESTIÓN DO PP OBRIGA AO CONCELLO A PAGAR 100.000 EUROS POR CONTRATACIÓN IRREGULAR


