Ribeira está en festas pero hai espazo para máis actividades que a música e os festexos. Na tarde de onte a cultura foi protagonista unha vez máis no Centro Cultural Lustres Rivas. Alberga unha nova exposición, nesta ocasión é “Mulleres”, do artista local Jontxu Argibay. Pintura e escultura van da man na súa homenaxe á figura feminina dende a admiración, o respecto e a beleza.
“MULLERES”, DE JONTXU ARGUIBAY PRESIDE A SALA DE EXPOSICIÓNS DO LUSTRES RIVAS


