O Malecón de Ribeira encherase de tendas nunha nova edición do Viamare Stock do 7 ao 9 de agosto. A Asociación de Empresarios local impulsa a vixésimo primeira entrega desta feira de oportunidades que é xa un referente no municipio e un dos grandes escaparates do comercio ribeirense no que as ofertas son protagonistas.

