Icono del sitio CanalBarbanza.com

ROSA CRUJEIRAS ABRIU AS FESTAS DE RIBEIRA DESTACANDO O ORGULLO DE SER RIBEIRENSE

Ribeira está en festas. Onte, mércores, arrancaban as celebracións do verán do municipio pero o fixeron de forma oficial ás 21.30 horas co pregón da veciña de Artes e reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras. A praza do Concello encheuse para escoitar á pregoeira, que estivo acompañada pola alcaldesa, María Sampedro, a conselleira de Política Social, Fabiola García, o conselleiro de Cultura, José López Campos, e polo concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil