Icono del sitio CanalBarbanza.com

O HOSPITAL DA BARBANZA ESTREA SALA DE RADIOLOXÍA E NOVOS ECÓGRAFOS PARA URXENCIAS E DERMATOLOXÍA

A Consellería de Sanidade vén de reforzar o hospital da Barbanza con novos equipamentos. Esta mañá o conselleiro da rama, Antonio Gómez Caamaño, coñeceu en primeira persoa a nova sala de radioloxía e os novos ecógrafos para urxencias e dermatoloxía. O titular da carteira sanitaria afirmou que a Xunta investiu máis de 410.000 euros neste equipamento.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil