A Xunta de Galicia amosou unha vez máis o seu rexeitamento á modificación da Lei de Costas, neste caso en materia de Inundacións, proposta polo Goberno central. A comunidade galega ten dende hai un ano as competencias no litoral, algo que segundo apuntou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, axudou a impulsar diferentes proxectos que antes levaba moito tempo realizar. Sen embargo con esta modificación proposta dende Madrid, Galicia perdería dominio da súa costa.
A CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE OPONSE Á MODIFICACIÓN QUE PROPÓN O ESTADO EN MATERIA DE INUNDACIÓNS


