Nova confirmación para o Noia Portus Apostoli. O club avanza no mercado e vén de anunciar a continuidade dun xogador de garantías e de calidade. Tiago Manuel Rodrigues Macedo despregará a súa maxia no Mourís unha campaña máis. O seu club de orixe, o Sporting, e o Noia Portus Apostoli acadaron un acordo para alongar a súa cesión na vila noiesa.
MACEDO E O PORTUS APOSTOLI SEGUIRÁN DA MAN UNHA CAMPAÑA MÁIS


