A praia de Tanxil, en Rianxo, será a capital do volei praia galego. O areal rianxeiro é a seguinte parada do Circuíto Provincial da Coruña de Vólei Praia de Categorías Inferiores, competición que se desenvolverá o 1 e o 2 de agosto. Esta dobre xornada contará con numerosos encontros entre futuras promesas desta disciplina nas categorías alevín, infantil, cadete e sub19.
O CIRCUÍTO DA DEPUTACIÓN DE VOLEI PRAIA FAI PARADA EN TANXIL


