A planificación dos equipos para a vindeira temporada está a deixar movementos no mercado. O Abanqueiro, que viviu unha campaña complicada na Primeira Futgal, conseguiu a permanencia nas últimas xornadas logo de sufrir. Agora está en plena edificación do novo plantel para afrontar con máis garantías unha nova aventura na categoría. O primeiro cambio foi no banco coa incorporación de Javier Pouso, Saviola, logo da despedida de Jorge Fajardo. O novo técnico afronta este reto con ilusión e gañas de deixar bos momentos sobre o verde.
O ABANQUEIRO AFRONTARÁ A CAMPAÑA 26/27 CON NOVO ADESTRADOR


