O salón de plenos do Concello de Boiro acolleu o venres pola tarde un acto moi especial: a formalización da unión do municipio boirense con Elciego. As dúas localidades levan anos compartindo momentos e experiencias e agora deuse un paso máis para poñer en valor os vínculos que os unen. O alcalde local, José Ramón Romero, e o de Elciego, Juan Carlos Uribe, asinaron a Carta de Irmandamento que oficializa esta unión.
BOIRO E ELCIEGO ESTREITAN LAZOS COA SINATURA DUNHA CARTA DE IRMANDAMENTO


